Tuesday 21 de May de 2024

Alternativa de Cambre reclama información das áreas verdes prometidas en Ponte Noceiro e A Barcala


Alternativa levará ao próximo pleno as áreas verdes prometidas polo Goberno de Unión por Cambre tanto na Ponte Noceiro, xunto ao río Mero ao seu paso por Cambre, cunha superficie de 58.000 metros cadrados e outra de 25.000 metros cadrados na Barcala.

Nada se sabe destas infraestruturas tan necesarias e prometidas á veciñanza. No caso da Barcala tamén foi proposta unha pista de parkour , rocódromo e horta urbana, así como viveiro municipal e unha fraga para o lecer dos veciños e veciñas.

A tan só meses de rematar a lexislatura, o voceiro de Alternativa Raúl Varela preguntará polo estado destas actuacións prometidas por UxC e polo alcalde.